Hoxe celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, unha muller que se atreveu a publicar un libro en galego despois de centos de anos de prohibición. Lemos na clase un dos poemas de "Cantares Gallegos", o primeiro libro publicado na nosa lingua logo de moitos séculos escuros para a nosa literatura. Tamén coñecemos un pouco maís da súa vida e mesmo fixemos un retrato da súa cara, porque, certamente, ha que quedar no noso recordo a imaxe e as súas palabras.


Ningún comentario:
Publicar un comentario