Como non podía ser doutro xeito, hoxe na clase recordamos que a Violencia de calquera tipo debe cesar e moi especialmente a Vionencia de xénero que se da contra as mulleres. Recordamos algúns detalles do vídeo de "Maltrato sutil" que xa vimos o curso pasado e falamos de formas de maltrato que son apenas perceptibles e fan moito dano: o control, a imposición de un criterio, o desprezo, os insultos ... As obras plásticas dos rapaces e rapazas de cuarto son moi clariñas e doadas de entender. "Non máis", "Non me pegues", "Non máis violencia" ...
mércores, 25 de novembro de 2020
Día internacional contra a Violencia de xénero
Como non podía ser doutro xeito, hoxe na clase recordamos que a Violencia de calquera tipo debe cesar e moi especialmente a Vionencia de xénero que se da contra as mulleres. Recordamos algúns detalles do vídeo de "Maltrato sutil" que xa vimos o curso pasado e falamos de formas de maltrato que son apenas perceptibles e fan moito dano: o control, a imposición de un criterio, o desprezo, os insultos ... As obras plásticas dos rapaces e rapazas de cuarto son moi clariñas e doadas de entender. "Non máis", "Non me pegues", "Non máis violencia" ...
domingo, 15 de novembro de 2020
Enfermidades, síntomas e tratamento
Levamos uns días investigando sobre as enfermidades e hai unha que nos trae de cabeza.
Como hai que coñecer ao inimigo para derrotalo, aquí temos información clave para derrotar ao Coronavirus, ou para non deixarnos invadir por el.
Novembro: Mes da Ciencia ...en galego!
Para celebrar o mes da Ciencia en galego, invitámosvos a que fagades experimentos científicos na casa explicando en que consisten e os materiais que precisades para realizar o experimento. Iso si, debedes explicar o experimento en lingua galega. Podedes deixarnos coa boca aberta, realmente abraiados, como ocorre con estes experimentos que nos presentan algúns dos nosos compañeiros:
martes, 10 de novembro de 2020
Preparamos o Magosto
Certamente este ano non teremos a festa do Magosto. Pero estará presente esta celebración no noso sentir. Así que a cor do outono, as follas, os ourizos e as castañas serán o centro de atención estes días. Tamén o serán os contos, as lendas, as historias, as adiviñas e os poemas que falan del e nolo recordan.
As follas











