O aire pesa?
O aire ocupa un espazo?
Mauro fixo un experimento que nos amosa que o aire pesa e que ocupa un espazo.
Déixovos unha imaxes e tentade responder como conseguiu responder á pregunta con ese experimento.
O aire ocupa un espazo?
Mauro fixo un experimento que nos amosa que o aire pesa e que ocupa un espazo.
Déixovos unha imaxes e tentade responder como conseguiu responder á pregunta con ese experimento.
Fomos saíndo adiante con distancia. Ao primeiro parecía que non iamos poder xogar a nada sen distancia. E xogamos moito con xogos vellos e xogos novos, como o de calicatúa ou este de "contorsionismo" Aí queda iso!!! Seguimos adiante e pasámolo moi ben.
Como medraron!!!
Agora xa están na súa fase de crisálide envoltos en fío de seda amarela, tan bonitiños ...e pronto se convertirán en bolboretas!!!
Rematamos a Historia da Idade Antiga coñecendo, como curiosidade, esas pequenas historias dos deuses gregos. Ben bonitas que quedaron!
O pasado martes, 25 de maio, Paula Carballeira estivo no colexio e deixounos marabillados con tres preciosas historias traídas de moi lonxe. Así o víchedes vós.
As sementes xa xerminaron e temos plantiñas ben xeitosas para transplantar; agora queda ver como seguen a medrar na horta!
Estreamos a nosa horta ecolóxica co nome dunha galega, editora, poeta, mestra e ecoloxista que nos ensina que dos erros aprendemos e que sempre temos que manter esa ansia de preguntar, axudar (Que necesitas?) e SEGUIR INVESTIGANDO, seguir aprendendo, seguir mellorando.
Os mozos e mozas da asociación Down Pontevedra, Xuntos, póñelle voz, imaxe e vida ás palabras de Xela Arias. Compartimos o seu vo facer:
Hoxe, por fin, despois de tanto tempo de espera, puidemos estar na horta e empezamos a plantación das primeiras flores, aromáticas e verduras. Preparamos a terra, abonamos, plantamos e ... non regamos, que nun tris empezaba a chover. Quedaron ben bonitas as plantiñas. Agora toca, esperar a que medren e velas ben bonitas!