mércores, 23 de xuño de 2021

Moi bo verán

 Felices vacacións raparigos e raparigas. Gozade dun marabilloso tempo compartido e dun máis que merecido descanso. Moi bo verán a todas e todos.



A despedida, foi distinta á doutros anos pois non puidemos facer o festival no pavillón; aínda así cantamos, bailamos e tivemos a entrega de premios do concurso poético "Latexo das verbas" con dous premiados na nosa clase: Pablo e Rayan;  e tamén coa entrega de diplomas aos "Grandes lectores da biblioteca": Íker e Julia, cunha mención especial polos audiolibros que preparou durante o curso.









Despedímonos tamén das bolboretas da seda, que están xa no proceso de posta de ovos e fecundación.




E xa na saída démoslle unha visita á horta na que xa medraran moito as flores; pero non puidemos recoller aínda leituga, patacas nen tomates!!!

Empezaramos fai un mes unha historia de paixón plantando, regando, observando ... Foi unha experiencia moi bonita e ilusionante. Retomarémola en setembro: 















Máquinas!!!!

 Incribles e marabillosas as máquinas que construíchedes. Moitas grazas. Foi un final de curso magnífico.











luns, 31 de maio de 2021

Experimentos coa materia




















 O aire pesa?

O aire ocupa un espazo?

Mauro fixo un experimento que nos amosa que o aire pesa e que ocupa un espazo.

Déixovos unha imaxes e tentade responder como conseguiu responder á pregunta con ese experimento.


Xogos no patio



 Empezamos o curso con tanto medo!

Fomos saíndo adiante con distancia. Ao primeiro parecía que non iamos poder xogar a nada sen distancia. E xogamos moito con xogos vellos e xogos novos, como o de calicatúa ou este de "contorsionismo" Aí queda iso!!! Seguimos adiante e pasámolo moi ben.