Debuxamos o maio, fixemos coplas, adornamos os corredores e, como non ... cantamos; iso si, nós soíños e con distancia. Os tempos non nos permitiron a festa que tivemos noutros anos e que, de seguro, será incrible o ano que vén.
venres, 30 de abril de 2021
venres, 23 de abril de 2021
Día do Libro
Un mundo de libros por ler, para descubrir e para xogar coa imaxinación.
Falamos dos nosos libros favoritos, debuxamos portadas, deseñamos carteis, creamos lemas que lucimos en preciosas chapas, gozamos da lectura nun contorno precioso ... Foi un día do libro repleto de vida dentro e fóra dos libros, arredor dos libros ... cos libros.
martes, 13 de abril de 2021
Todo un artista
Na clase de 4ºB somo uns artistas, non so pintamos debuxos moi bonitos ou facemos creacións preciosas, senón que tamén comunicamos, a través da música moita emoción, e felicidade. Así nolo transmite Óscar:
Aprendendo a relaxarnos, aprendendo a respirar.
Hoxe puxemos en práctica dúas técnicas que nos axudarán a relaxarnos, a respirar con calma, a sentirnos mellor. Podedes poñelas en práctica cada noite antes de durmir.
Técnica da respiración Técnica da tartaruga
venres, 2 de abril de 2021
Día Internacional das persoas con Autismo
Tamén nas vacacións están moi presentes os nosos amigos e amigas con autismo, aos que queremos e nos fan ser mellores cada día, cos que aprendemos e que aprenden ao noso ladao. Por todos vós, marabillosos e marabillosas compañeiras!!!













