Aula Virtual 4º

sábado, 13 de marzo de 2021

O patio dos meus soños

 O venres foi un día especial e diferente, porque a clase de matemáticas, de sociais, plástica e de lingua fixémola no patio. No patio?, diredes vós. Pois si, no patio. Porque tiñamos que imaxinar "O patio dos meus soños?" e sabelo describir. Tiñamos que observar ben o espazo, o lugar onde estaban as árbores. Tiñamos que medir (saímos cos metros), tiñamos que debuxar nun plano un croquis dos nosos desexos coa lenda correspondente, e por suposto tiñamos que saber argumentar cada unha das nosas propostas e así convencer aos compañeiros, á dirección, ao arquitecto, ao responsable de tomar decisións ... da viabilidade das nosas propostas.

 Foi unha gran clase, porque temos un gran patio e ideas moito máis grandes, na que todos temos cabida e na que nenos e nenas xogaremos en igualdade.






Ningún comentario:

Publicar un comentario