Aula Virtual 4º

venres, 26 de marzo de 2021

Cantas plantiñas plantamos!!!!!

 Como aínda non temos a horta lista empezamos a sementeira na clase: pementos e tomates de varios tipos  e cabazas. Tamén plantamos tubérculos, bulbos, e plantas cons estolóns e rizomas. Agora ... que pasará? Toca esperar.








mércores, 17 de marzo de 2021

Visita da alcaldesa

 Hoxe visitounos a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal.



Os nenos e nenas de 4º non podían crer que o seu escrito ao Concello puidese recibir resposta e tivésemos en persoa á alcaldesa no colexio.

Presentáronlle as súas propostas e expuxeron os argumentos para demandar que nos preparasen o terreo e termos o horto escolar.

A alcaldesa viu  os diferentes planos e bocetos que tiñamos preparado para a distribución dos bancais dos diferentes cursos e comentamos as vantaxes e desvantaxes das diferentes propostas. 

Fíxonos varias suxestión e propostas moi interesantes. Falounos das "Patrullas verdes", do equipo "Punto Limpo Móbil" e invitounos a visitar o punto limpo de Cambados.

Agasallaounos cun libriño para cada alumno/a e unha chea de caramelos que nos deixarán unha inmensa gratitude ... e un sabor moi doce.


Moitas grazas, Fátima.









sábado, 13 de marzo de 2021

O patio dos meus soños

 O venres foi un día especial e diferente, porque a clase de matemáticas, de sociais, plástica e de lingua fixémola no patio. No patio?, diredes vós. Pois si, no patio. Porque tiñamos que imaxinar "O patio dos meus soños?" e sabelo describir. Tiñamos que observar ben o espazo, o lugar onde estaban as árbores. Tiñamos que medir (saímos cos metros), tiñamos que debuxar nun plano un croquis dos nosos desexos coa lenda correspondente, e por suposto tiñamos que saber argumentar cada unha das nosas propostas e así convencer aos compañeiros, á dirección, ao arquitecto, ao responsable de tomar decisións ... da viabilidade das nosas propostas.

 Foi unha gran clase, porque temos un gran patio e ideas moito máis grandes, na que todos temos cabida e na que nenos e nenas xogaremos en igualdade.






luns, 8 de marzo de 2021

Semana do Cine

Iniciamos a Semana do Cine, desta volta sen podernos xuntar na Aula de Música e compartir ademais da película uns flocos de millo. Teremos a Semana do Cine nas aulas, pero daremos boa conta das curtas que nos propoñen dende o Equipo de Biblioteca e que nos axudarán a reflexionar sobre a igualdade nos dereitos e responsabilidades entre nenos e nenas, entre homes e mulleres. Preparados?

No martes falamos e reflexionamos sobre estas dúas curtas que falan da importancia do esforzo e da perseverancia.


 

Día Internacional da Muller Traballadora

 Hoxe, día 8 de marzo, é o día internacional da muller traballadora.

 Na clase vimos varias curtas que nos axudaron a reflexionar sobre a situación da muller na sociedade, na casa e no mundo laboral e nos permitiron analizar se o home e a muller están a ter os mesmos dereitos e as mesmas responsabilidades, tanto no traballo fóra da casa, como na casa, en limpeza, compras, educación e coidado das fillas, dos fillos e das persoas maiores; se as nenas e os nenos soñan cun futuro e un traballo en igualdade.  

Antes de ver de novo as curtas compre darlle unha ollada a este vídeo para recordar o  por que celebramos o día da muller traballadora.



 

 Estes foron as curtas que nos deron pé a tratar na clase moitas cuestións sobre a igualdade e sobre as que seguiremos a debatir nesta semana na que iniciamos tamén a Semana do Cine.

 

martes, 2 de marzo de 2021

Teatro na aula ... "Nautilus"

 Podedes ver de novo a obra de teatro, ou algún trociño que vos gustase moito, para poder contarnos todo o que sentíchedes e reflexionáchedes véndoa.
 Clicade na ligazón

"Nautilus" de La Negra