Varios dos compañeiros de clase contáronnos datos realmente sorprendentes dos seus invertebrados preferidos:
Óscar amosounos dous tipos de artrópodos: crustáceos (unha necoriñas) e un insecto (o saltón), así como dous tipos de moluscos gasterópodos: os bígaros e os caracois.
Samuel falounos doutro artrópodo: concretamente un arácnido moi especial, o escorpión emperador azul. Sabiades que os científicos utilizan o seu veleno para tratar enfermidades relacionadas coa vista?
Hugo contounos datos sorprendentes da reprodución dos polbos e agasallounos con dous polbos de la que fixo el mesmo.
Pablo e Mauro faláronnos das esponxas, recodáronnos que están cheas de poros e non teñen cerebro, músculos, nen sangue ... Ata viñeron os dous de amarelo, como as súas esponxas!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario