xoves, 25 de febreiro de 2021

Máis invertebrados sorprendentes

 Varios dos compañeiros de clase contáronnos  datos realmente sorprendentes dos seus invertebrados preferidos:

Óscar amosounos dous tipos de artrópodos: crustáceos (unha necoriñas) e un insecto (o saltón), así como dous tipos de moluscos gasterópodos: os bígaros e os caracois.


Samuel falounos doutro artrópodo: concretamente un arácnido moi especial, o escorpión emperador azul. Sabiades que os científicos utilizan o seu veleno para tratar enfermidades relacionadas coa vista?

Hugo contounos datos sorprendentes da reprodución dos polbos e agasallounos con dous polbos de la que fixo el mesmo.
Adrián fixo unha perfecta exposición sobre os saltóns.

Pablo e Mauro faláronnos das esponxas, recodáronnos que están cheas de poros e non teñen cerebro, músculos, nen sangue ... Ata viñeron os dous de amarelo, como as súas esponxas!!!






Unhas miñocas a desprazarse polas mans de Pablo!



mércores, 24 de febreiro de 2021

Día de Rosalía de Castro

 Hoxe celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, unha muller que se atreveu a publicar un libro en galego despois de centos de anos de prohibición.  Lemos na clase un dos poemas de "Cantares Gallegos", o primeiro libro publicado na nosa lingua logo de moitos séculos escuros para a nosa literatura. Tamén coñecemos un pouco maís da súa vida e mesmo fixemos un retrato da súa cara, porque, certamente, ha que quedar no noso recordo a imaxe e as súas palabras. 



luns, 22 de febreiro de 2021

Todo un mundo de invertebrados sorprendentes

Temos caracois na aula, explorando o territorio, memtres nos nos preguntamos: que pasaría se ...?, por onde irán?  ... aguantarán agarrados á mesa tan lisiña? ...




Pero hoxe tivemos tamén unha medusa moi especial, xa que Julia nos deixou impresionados coa súa montaxe dunha meduxa xigante. Non esqueceremos que ten forma de paraugas e que hai unha medusa "luminiscente" Querédela ver?


Marco falounos dos ourizos. Contounos que están moi ricos. Probáchedelos?




domingo, 7 de febreiro de 2021

Entroido

 Temos ganas de festa, porque se achega o Entroido.

E somos capaces, claro que si, de facer cousas simpáticas e divertidas mantendo estritamente todas as normas de distancia social e coidado da hixiene.Estades preparados para unha semana especial? Esta é a proposta para adentrarnos no Entroido ...

           
 
Conseguimos un Entroido ben especial. 
Non puidemos saír, pero puidemos ter moi perto o Entroido dos diferentes lugares de Galicia. 
Cada un dos alumnos e alumnas de 4º investigou sobre un dos catorce máis importantes. 
Estes son so algúns deles: 

  




Cada equipo, en 4ºB preparou un mural dos catro máis especiais para eles. Este é o resultado:










xoves, 4 de febreiro de 2021

E hoxe ...,que che apetece xantar?

 Os cociñeiros e cociñeiros de 4ºB van irvos amosando as súas propostas cada semana. 








A que son pratos ben apetitosos?

Que aproveite.

Paisaxes de inverno

Este inverno vimos moitas paisaxes nevadas e sentimos moito o frío. Agora chove e fai sol a ratos. Pero esa beleza das paisaxes e das cidades nevadas aínda nos vai acompañar un tempo. Asía debuxamos en 4º.