Onte realizamos unha actividade ben complexa e complicada. Medir o horto!!! O caso é que primeiro cada un tiña que facer unha estimación do que podía medir, dándolle unha ollada á escala do plano, logo faríase a medición con pasos para que a estimación fose máis axustada (un metro sería un paso moi grande ou dous pasos pequenos) e por fin procederíamos a medir. Cada un provisto do seu metro, cada equipo do plano e a ficha de rexistro ...
O problema empezou no momento en que, no proceso da medición, se meteron polo medio tantas cousas interesantes!: bichiños (artrópodos, case todos), herbas molladas, hedras, rochas de distinto tipo e ... moitas outras cousas que deron moito para falar, tanto que non deu tempo a rematar a medición.
Cos datos recollidos, aprendemos unha chea de cousas:
Matemáticas:
- Fixemos estimacións.
- Descubrimos a importancia da precisión no traballo ao utilizarmos e colocar o metro.
- Traballamos co plano e a escala.
- Descubrimos paralelas.
- Resolvemos problemas.
C da Natureza:
- Descubrimos a inmensidade, a gran diversidade, de seres vivos que hai no ecosistema do horto: vexetais e animais.
- Repasamos a función de relación:
- Percibimos (os órganos dos sentidos ven, escoitan e tocan moitas cousas interesantes), procesamos a información (O cerebro dalle voltas a estas preguntas: que fago?, sigo medindo ou sigo explorando?, chamo aos amigos ou remato o traballo?) e reaccionamos .... O certo é que a decisión que a maioría tomou foi a de explorar, co que o traballo quedou sen rematar e as consecuencias desa decisión ... pois iso!!!!
C Sociais:
- Valoramos a necesidade do traballo en equipo para medir, recoller os datos e resolver problemas.
- Valoramos a necesidade do respecto ás instalacións do centro e ao cumprimento de normas.
- Observamos diferentes rochas: granito, arxila, cuarzo ...
Galego- Expresamos as nosas emocións, sentimentos, frustracións, espectativa ....
- Sabemos contar o que aconteceu e propoñer alternativas.
Conclusión.
- Aprendemos moito e queda moito por aprender.
- A próxima vez farémolo moito mellor.